
O Concello de Neda organiza o venres 10 de outubro unha viaxe comunitaria, aberta a todos os públicos, á cidade de Lugo. A excursión permitirá aos participantes desfrutar dun dos días do San Froilán, unha das citas festivas con máis sona do outono galego, declarada dende hai anos Festa de Interese Turístico Nacional. A inscrición está aberta dende xa na oficina dos Servizos Sociais.
Grazas a esta iniciativa, a veciñanza de Neda poderá pasar un día na cidade da muralla romana- Patrimonio da Humanidade- e participar das súas celebracións patronais, que enchen as rúas de actividade. Música, casetas de polbo, atraccións… forman parte esencial do San Froilán, que combina tradición e modernidade.
A expedición nedense partirá da praza do Concello ás 10 horas para regresar á vila a o redor das 21.30 horas. O prezo da viaxe será de 15 euros, non incluíndo o xantar. E as persoas que queiran apuntarse deberán facelo nos Servizos Sociais. O prazo para anotarse estará aberto ata completar as prazas do bus.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.