
Sumándose á iniciativa da Federación Galega de Municipios e Provincias, o Concello de Neda convoca este venres, a partir das 12 horas, un minuto de silencio diante da Casa Consistorial contra o xenocidio do pobo palestino en Gaza. Tratase dun xesto en solidariedade coas vítimas, especialmente coas persoas desprazadas, feridas e, por suposto, as que perderon aos seus seres queridos por mor do conflito.
A iniciativa, en liña co sentir da cidadanía, e fundamentada no compromiso do municipalismo galego cos valores da paz e dos dereitos humanos, adóptase ante o recrudecemento da ofensiva militar e o mantemento do bloqueo humanitario imposto polo goberno israelí. O acto público busca ademais ser un símbolo de condena ao antisemitismo e islamofobia.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.