Friday 03 de October de 2025

O 9º Repsol Eco Rallye A Coruña dá o pistoletazo de saída á súa edición con maior percorrido


– Más de cincuenta pilotos participarán nesta novena edición, que por segundo ano consecutivo será puntuable para o Campionato Bridgestone FIA Eco Rally Cup.

– Esta edición contará con figuras de renome como o campión mundial Michal Žďárský, o piloto do Rally Dakar, Fran Gómez Pallas, o creador de contido, Xurxo Carreño ou o medallista olímpico Carlos Arévalo.

– A saída protocolaria desde a praza de María Pita, prevista para as 20:30 horas desta tarde, marcará o inicio da novena edición.

O 9º Repsol Eco Rallye A Coruña ultima os preparativos para o seu arranque, mañá venres 19 de setembro, tras unha xornada dedicada ás verificacións técnicas e administrativas que garantiron a participación dos equipos na segunda edición consecutiva da proba dentro do calendario do Campionato Bridgestone FIA Eco Rally Cup.

Durante a tarde de hoxe, os máis de 50 participantes completaron as verificacións administrativas no hotel NH #Finisterre e as técnicas no Parrote. Superado este trámite, mañá arrincará a competición con saída desde a praza de María Pita ás 09:00 horas.

Esta edición será a máis esixente ata a data xa que a caravana percorrerá un total de 574 quilómetros, atravesando 39 municipios. Como novidade, o itinerario penetrarase na provincia de Lugo, cun tramo no municipio de Xermade.

O 9º Repsol Eco Rallye A Coruña contará cunha notable representación de figuras recoñecidas tanto do automobilismo como do deporte e a comunicación, entre elas o campión mundial Michal Žďárský, o piloto do Rally Dakar Fran Gómez Pallas, o creador de contido Xurxo Carreño e o piragüista olímpico Carlos Arévalo, un dos deportistas galegos máis laureados.

A praza de María Pita acollerá esta tarde a saída protocolaria

A competición abrirase esta mesma tarde coa saída protocolaria desde María Pita ás 20:30 horas, que dará paso a dúas xornadas de carreira.

• Venres 19 de setembro: os vehículos sairán de María Pita ás 09:00 horas rumbo a Santiago de Compostela, onde se celebrará un reagrupamiento de 13:30 a 16:30 horas, antes de emprender o regreso á Coruña para completar a primeira etapa. A xornada incluirá ademais dúas reagrupamientos intermedios: en Santa Comba (11:30 horas) e en Curtis (18:25 horas), ambos nos recintos feirais locais.

• Sábado 20 de setembro: a segunda etapa comezará ás 10:00 horas en María Pita. Os equipos chegarán ás Pontes ás 12:10 horas para unha parada intermedia e regresarán á Coruña ás 18:15 horas, onde finalizará a proba.