Thursday 18 de September de 2025

Charla-coloquio co embaixador palestino e inicio do ciclo de cine euroárabe, mañá na Fábrica


O auditorio da Fábrica, en Perillo, acolle mañá ás 20 horas unha charla-coloquio coa participación do embaixador de Palestina en España, Husni Abdel Wahed, o presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. A continuación comezará a primeira das proxeccións da mostra de cine “AMAL X PALESTINA 25” coa película The Teacher.

O ciclo cinematográfico continuará o sábado coa ficción “To a Land Unknown” ás 20:00 horas; e o domingo, 21 de setembro, a xornada contará coa proxección do documental “Bye Bye Tiberias” ás 12:00 horas; todas elas producións de gran recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais. O acceso en todos os casos é libre e gratuíto.

“AMAL X PALESTINA 25” pretende visibilizar a realidade do pobo palestino a través do cinema, promovendo a reflexión crítica sobre a ocupación, a resistencia e os dereitos humanos. As proxeccións tratan principalmente a identidade, a resistencia cultural e as realidades sociais do pobo palestino. Baixo o lema “Existir é resistir”, a programación céntrase na resistencia do pobo palestino e na súa historia de resiliencia nun contexto de conflito. Os filmes desta edición exploran a situación de Palestina e a súa xente, unha realidade que transcende o contexto actual e se remonta a 1948, cando deu comezo un conflito histórico que marcou profundamente a vida de millóns de persoas.

Deja un comentario