O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa mantivo contactos coa Asociación Galega de Terapeutas Ocupacionais nas que tratou a posibilidade de crear o Colexio Oficial
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda compareceu na Cámara galega onde avanzou que o goberno galego espera constituír este mesmo ano o Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia.
Alfonso Rueda explicou na súa comparecencia parlamentaria que o obxectivo da Xunta de Galicia é que neste mesmo ano os terapeutas ocupacionais de Galicia poidan constituír o seu propio Colexio Profesional, co consenso dos representantes profesionais.
Rueda indicou que mantivo unha reunión en xaneiro coas responsables da Asociación Profesional Galega de Terapia Ocupacional, a partires da cal comezáronse a dar os pasos para a creación do Colexio, redactándose o Anteproxecto de Lei de creación para posteriormente poñerse a exposición pública 15 días para alegacións no Portal de Transparencia a finais de febreiro, ademais de anunciarse no DOG.
Polo tanto, agora cómpre darlle o trámite administrativo formal para poder remitir o proxecto de lei a esta Cámara neste período de sesións, porque dende o goberno galego tamén considerase fundamental o papel do colectivo de terapeutas ocupacionais no desenvolvemento futuro de Galicia.