Thursday 18 de September de 2025

Alternativa reclama a reactivación inmediata do servizo de mantemento de vías municipais


O servizo de conservación e reparación das estradas municipais leva tempo sen funcionar de xeito efectivo, o que provoca un deterioro notable na rede viaria local

Dende Alternativa vólvese insistir na necesidade urxente de acometer reparacións en numerosos tramos de vías municipais, como a estrada do Burgo-Cambre ou a N-550, onde o estado actual está a afectar á seguridade e comodidade da veciñanza.

O Goberno municipal recoñeceu rencentemente que o servizo non está operativo nestes momentos. A raíz das demandas de Alterantiva, informouse da sinatura dun contrato cunha empresa para retomar as actuacións de mantemento no menor prazo posible, aínda que polo momento non se fixo efectivo.

Alternativa continuará a exercer presión para que este servizo esencial se reactive canto antes, garantindo unha rede viaria local en boas condicións para todas as persoas que transitan a diario polo municipio.

Deja un comentario