
Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo; das universidades da Coruña, Santiago e Vigo; e da Deputación da Coruña.
Youtubeiras é un proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos dixitais en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede.
Os Premios Youtubeiras+, cuxas bases se poden consultar xa en www.youtubeiras.gal, abren a participación á creación de contidos en galego en calquera rede social e en todos os formatos. O concurso, que ata a edición pasada só permitía concorrer a quen lanzase as súas creacións en YouTube e TikTok, amplía o seu campo de acción e permite competir ás persoas maiores de 16 anos que teñan canles autoproducidas nas redes sociais en activo e accesibles durante o certame. Neste sentido, repartiranse 7.500 € entre sete categorías: Canle, Creación de contidos, Revelación, Calidade lingüística, Rede, Podcast e Premio do Público.
O prazo de inscrición está aberto desde o 17 de setembro ata as 23.59 horas do 16 de novembro.
Á rolda de prensa celebrada no edificio Redeiras da Universidade de Vigo acudiron en representación do Concello de Oleiros, o concelleiro delegado de Cultura e Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude; Ramón Maceira Giadanes, e a Técnica de Normalización Lingüística Municipal, Lucía Filloy López; que manifestaron o total compromiso do Concello de Oleiros co galego e coas persoas que están a crear contidos en rede na nosa lingua ademais de impulsar a todas aquelas iniciativas que abran camiños para a lingua en diferentes ámbitos como a creación artística, a divulgación, o deporte ou calquera outra temática.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.