Friday 19 de September de 2025

O Marino, campión do LIV Trofeo Concello de Oleiros


O Marino de Mera levou o LIV Trofeo Concello de Oleiros de fútbol masculino gañando na final ao Santa Cruz por 3-2 no Campo Municipal A Marola. Os goleadores foron Mario, Flavio e Saúl para o Marino e Martín e Iván para o Santa Cruz.

Este histórico torneo chega xa á súa 54ª edición, que volveu encher as bancadas cun grande número de espectadores, vibrando con cada xogada e cada oportunidade. Nesta final tan agardada, o Marino e o Santa Cruz acadaron o dereito a loitar polo título despois de impoñerse con autoridade nas semifinais ao Perillo e ao Dorneda, respectivamente.

Anteriormente, na fase de grupos, tamén participaron Xuventude de Dorneda, Obrero, Unión Campestre, San Pedro, Hércules, Perillo, Cristo Rey e Mercurio. Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repártense 16.050 euros, destinado principalmente aos premios económicos.