Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Oroso felicita aos benxamíns do Xuventude Oroso, campións do Isla Cup 2016


O Concello de Oroso felicita aos rapaces do Xuventude Oroso benxamín, que veñen de proclamarse campións do Isla Cup 2016, un prestixioso torneo nacional de fúbol 7 que se disputou durante a pasada Semana Santa na localidade de Isla (Cantabria). O equipo orosán amosou unha gran superioridade sobre os seus rivais, gañando os seus 8 partidos e copando tamén os premios individuais ao mellor xogador (Mario Prado) e ao mellor porteiro (Yeray Vázquez).

O Xuventude Oroso participou canda outros 27 equipos de toda España (Cantabria, Vizcaya, Madrid, Valladolid, Salamanca, Palencia, Guipúzcoa, A Coruña, Álava e Navarra) neste torneo cántabro, celebrado do 24 ao 27 de marzo. Así, na liguiña da primeira fase derrotaron ao CD Solokoetxe (2-1), ao CD Amistad Sniace (2-0) e ao CD Galdakao (2-0). Na segunda fase, fixeron o propio co CD Mergar Camelot (1-0), o Busturia KT (5-1) e o CD Parquesol (3-0).

Nas semifinais, os benxamíns orosáns derrotaron pola mínima ao Colegio Vallmont (1-0) e venceron na final ao equipo local do Basander por 2 goles a 1. Deste modo, os orosáns gañaron todos os partidos, sendo o equipo máis goleador (19 tantos) e o menos goleado (3 goles).