Wednesday 17 de September de 2025

A Carreira ENKI 2025 aspira a chegar a 15.000 persoas participantes o 18 de outubro


O Concello colabora na organización desta proba que loita pola inclusión no deporte

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, interveu hoxe en nome da alcaldesa na presentación institucional da Carreira ENKI 2025, celebrada no paseo do Parrote, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. Canosa salientou que ENKI “non é só deporte; é cidade”, polo seu impacto social e pola capacidade de facer da inclusión unha práctica real no espazo público. No acto tamén estivo presente a deputada provincial e concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira.

O Concello da Coruña apoia a proba a través do convenio nominativo da Concellaría de Deportes e agradece o traballo da Fundación ENKI, das entidades sociais, do voluntariado edas empresas colaboradoras. No acto presentouse tamén ao futuro Espazo ENKI na contorna do Parrote, orientado a favorecer a práctica inclusiva e o préstamo de material adaptado. A Carreira ENKI 2025 celebrarase o domingo 18 de outubro e desde a organización esperan igualar o récord de 15.000 persoas participantes.

Para incentivar a participación, os concelleiros animaron a formar equipos de familias, centros educativos, clubs e empresas e a encher as rúas da cidade o día da proba. Lembrouse que se trata dunha cita aberta e accesible, cun marcado carácter lúdico e comunitario, e que toda a información práctica e os prazos de inscrición estarán dispoñibles nas canles oficiais da organización.

Baixo o lema “Se o teu soño é un mundo máis inclusivo, ponte en movemento”, o Concello da Coruña animou á cidadanía a participar na proba.

Deja un comentario