
A Casa da Cultura de Neda acolle este sábado a primeira das dúas obras que achegará ao municipio o VII Festival Internacional de Entes Animados. Trátase de “As minhas mais… marionetas”, que se poderá desfrutar a partir das 12 horas.
A compañía lusa Trulé (investigación de formas animadas) presenta este espectáculo de “pura poesía visual” a través do que as marionetas amosan pequenos anacos de vida, a través de historias que farán rir e soñar. Unha proposta chea de emocións sen necesidade de palabras.
“As minhas mais… marionetas” é un espectáculo antolóxico que sintetiza os máis de corenta anos de investigación do premiado Manuel Costa Dias sobre as técnicas de construción e manipulación de marionetas.
A VII Festival Internacional de Entes Animados, con 21 funcións na segunda quincena de setembro en oito municipios de Ferrolterra, traerá ademais a Neda- concello coorganizador do certame- a obra “O urso que nâo era” (venres 26, ás 18 horas).
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.