Tuesday 04 de November de 2025

Corenta persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades


Un total de 40 persoas, 32 nenos e nenas e 8 persoas adultas, participaron nos Cursos de Natación organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar nas instalacións da piscina municipal en Papucín durante os meses de xullo e agosto.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, e os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos Bra; e de Piscina Municipal, Jesús Francos Sánchez, fixeron entrega dos correspondentes diplomas acreditativos ás persoas participantes esta fin de semana, coincidindo co peche da temporada de verán na piscina municipal.