
O Mercado Municipal de Ribeira xa ten operativo o servizo do contedor intelixente refrixerado (Smart Lockers) que está instalado no vestíbulo da porta principal do mercado.
Coa intención de dar a coñecer á veciñanza a operatividade deste contedor, desprazouse ata o mercado o tenente de alcalde e concelleiro de Mercados, Vicente Mariño que xunto a Juana Gómez da carnicería “A de Juana” explicaron o funcionamento da mesmo. Segundo explicou Juana Gómez, o cliente a chama, lle fai o pedido, o prepara e o deixa no contedor refrixerado; a continuación se lle envía un código Qr ao cliente unha vez pagado por bizum; deste xeito o cliente con ese código Qr poderá abrir o seu contedor correspondente ao seu pedido no momento que precise co produto refrixerado en perfectas condicións.
Maríño animou á veciñanza a utilizar este pioneiro sistema, “que supón un novo impulso para consolidarse no distintivo de calidade de Mercados Excelentes que abre as portas a novas axudas e a novas melloras importantes para o mercado”. O tenente de alcalde sinalou que o motivo desta rolda “ten a intención de potenciar e dar a coñecer este aparello que vén a ser un novo valor engadido para o Mercado Municipal”.
O concelleiro de Mercados para rematar manifestou que con esta tecnoloxía se pretende tamén achegar á xente máis nova ao mercado ou facilitarlle ás persoas que non dispoñen de tempo; “ter o seu produto fresco e de calidade no contedor intelixente”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.