Tuesday 16 de September de 2025

O Concello acomete melloras de mobilidade na rúa Simón Bolívar, co obxectivo de facilitar a circulación polo barrio dos Rosales


A instancias da solicitude da asociación veciñal, e tras os estudios previos dos servizos municipais, Simón Bolívar cambiará de sentido para simplificar as maniobras do tránsito rodado nas rúas interiores do barrio

O Concello iniciará mañá os traballos de sinalización horizontal previstos ao longo da rúa Simón Bolívar, onde se cambiará o sentido de circulación co obxectivo de facilitar o tránsito do tráfico rodado polas rúas do barrio dos Rosales e, desta forma, mellorar a mobilidade no ámbito.

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, razoou esta modificación, solicitada no seu momento pola asociación veciñal, explicando que “ata agora, tanto as rúas como Emilio González López e Simón Bolívar ían no mesmo sentido, o que dificultaba as maniobras de circulación para, por exemplo, virar en busca de estacionamento”.

Esta circunstancia, notificada pola entidade veciñal do barrio, foi estudiada e contrastrada previamente polos servizos municipais, que verificou a viabilidade do cambio de sentido. Con este novo debuxo, a rúa Emilio González López manterá a súa configuración actual e será Simón Bolívar a que cambie de sentido. Xa onte, luns, dispuxéronse carteis informativos nas vías públicas e os portais residenciais da contorna, para notificar así o inminente inicio dos traballos.

Será mañá, mércores, cando comecen. A previsión é que, se as condicións meteorolóxicas son favorables, se executen en horario diurno as tarefas de borrado da antiga sinalización horizontal sobre a calzada, e xa se pinte a nova. Xa posteriormente, este xoves, levarase a cabo a instalación da sinalización vertical adaptada á nova configuración de Simón Bolívar, polo que a previsión é que o xoves pola tarde xa se poda circular baixo o novo cambio de sentido na rúa.

Deja un comentario