Tuesday 16 de September de 2025

Adxudicado o proxecto de mellora da rúa dos Oleiros de Paiosaco


Supón un investimento de 42.000 euros.

O Concello vén de adxudicar a execución do proxecto de mellora da rúa dos Oleiros e dun tramo da rúa Campo da Feira da vila de Paiosaco.

Canarga S.L. será a empresa encargada das actuacións consistentes na renovación completa do pavimento, para o que será preciso acometer un fresado parcial que resolva os cuarteamientos producidos polo uso da vía durante os últimos anos e deixe a superficie de rodadura nas mellores condicións.

O proxecto tamén contempla a sinalización horizontal e o novo marcado das prazas de estacionamento de vehículos. Ao tratarse dun espazo integrado no recinto feiral, inclúese o repintado dos postos de venda nese sector.
A intervención suporá un investimento superior aos 42.000 euros que se destinarán a mellorar as condicións do pavimento nunha zona céntrica, residencial e comercial de Paiosaco.

Trala adxudicación, nos próximos días procederase á formalización do contrato como trámite previo ao inicio das obras.