Monday 15 de September de 2025

Comeza un novo outono en Oleiros cheo de actividades para as familias da man do Apego


Volve a programación do programa Apego cargada de actividades para as familias: espectáculos de rúa, obradoiros de olería, contacontos, concertos infantís, teatro, cantarelas… para gozar dun outono cheo de emocións.

O vindeiro 19 de setembro comeza a programación organizada polo SNL do Concello de Oleiros co Obradoiro de olería: Dona Pepiña a tartaruga, impartido por Isabel Gómez, na Escola Municipal de Olaría situada nas Torres, en santa Cruz. O obradoiro realizarase en tres sesións, unha sesión por día, os días 19 e 26 de setembro e 3 de outubro. É imprescindible acudir as tres sesións para poder participar no obradoiro.

Cada participante creará a súa propia tartaruga, dándolle forma coas mans e decorándoa con moita imaxinación. A través deste proceso, aprenderemos os valores que representa Dona Pepiña: creatividade, paciencia, sabedoría e resiliencia, os mesmos que atopamos na olería.

As persoas destinatarias desta actividade son familias con nenos e nenas de 1 a 3 anos (17.00 h) e de 4 a 6 anos (18.30 h). A actividade terá 1 hora de duración e os horarios son os seguintes: ás 17.00 horas (familias con nenas e nenos de 1 a 3 anos) e ás 18.30 horas (familias con nenos e nenas de 2 a 4 anos)

A inscrición neste obradoiro poderá realizarse desde o 15 de setembro a partir das 10.00 horas (terán preferencia as familias inscritas en Apego os dous primeiros días de inscrición).

Enlaces:
• Formulario de inscrición para o obradoiro das 17.00 horas (de 1 a 3 anos)
• Formulario de inscrición para o obradorio das 18.30 horas (de 4 a 6 anos)

Consulta toda a programación do APEGO na web municipal, xanela Normalización Lingüística (https://www.oleiros.org/actividades-infant%C3%ADs/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/2111567 )

Máis información no Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.

Deja un comentario