Monday 15 de September de 2025

Os clubs de lectura das bibliotecas de Carballo empezan o curso con todas as prazas ocupadas agás o xuvenil, no que aínda podes inscribirte


Xa están en marcha os clubs de lectura das bibliotecas de Carballo! Este ano temos seis grupos, e todos están completos agás o xuvenil. Esta é a oferta:
Club de animación á lectura en galego. Está destinado a nenos e nenas de 0a 6 anos. Sara Varela encárgase da dinamización desta actividade, que este ano tivo tanta demanda que se fixeron dous grupos. As sesións celébranse o segundo venres de cada mes na Biblioteca Rego da Balsa.

Club de lectura infantil en galego. Dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos, que se reúnen o segundo venres de cada mes, e que tamén está conducido por Sara Varela.

Club de lectura xuvenil en galego. As reunións celébranse o segundo venres de cada mes, ao igual que os anteriores na Biblioteca Rego da Balsa, e está coordinado por Nerea López. Neste aínda quedan prazas, polo que os mozos e as mozas de 13 a 17 anos que están interesados/as poden anotarse chamando ao 981 758 580.

Clubs de lectura para persoas adultas. Na Biblioteca Rego da Balsa reúnese o segundo luns de cada mes o noso club de lectura pioneiro, que conduce Marta Villar. A escritora malpicá tamén se encarga este curso do club de lectura Carballo en galego, que mudou a súa sede para as Escolas do Xardín Agra de Caldas, e que se reúne o primeiro venres de cada mes.

Deja un comentario