
• Esta sexta edición, que celebrouse o pasado 12 de setembro, volveu ter unha gran acollida entre a veciñanza e persoas visitantes.
• O alcalde, Juan Alonso, destacou que “esta sexta edición da Malla do Seixidal confirma a aposta do noso goberno para revitalizar esta clase de festas, que reúnen a todos os veciños e veciñas, fortalecen lazos entre eles e favorecen o sentimento de pertenza á comunidade”,
A Malla no Seixidal volve a consolidarse como un dos eventos tradicionais máis destacados no Concello das Somozas, reunindo unha gran cantidade de asistentes para recrear a malla.
Na actividade, as persoas expertas levaron a cabo a malla tradicional con máquinas antigas, batendo os cereais coa finalidade de separar o gran do millo para despois poder elaborar a fariña. Este evento serve para revitalizar o carácter rural do municipio e poñer en valor as festas tradicionais.
Esta foi a VI edición da celebración, despois de que o Concello convertera o lugar do Sexidal nun museo etnográfico para mostrar como era a vida e o traballo no campo.
O alcalde, Juan Alonso, destacou que “é importante seguir celebrando este tipo de eventos que poñen en valor a tradición e cultura do municipio”.
“Esta sexta edición da Malla do Seixidal confirma a aposta do noso goberno para revitalizar esta clase de festas, que reúnen a todos os veciños e veciñas, fortalecen lazos entre eles e favorecen o sentimento de pertenza á comunidade”, rematou o rexedor.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.