
· Estas obras completarán ás que se executarán, proximamente, para arranxar a estrada que une a rotonda de entrada ao parque industrial e a situada na avenida da Tomada.
O Concello acondicionará parte da estrada interior que discorre polo polígono da Tomada. Con este proxecto, que acaba de sacarse a licitación cun valor de 138.237,4 euros, acondicionarase un treito desta vía que presenta pavimento e beirarrúas en mal estado. A concelleira de Obras, Patricia Lojo, apunta que o obxectivo é “seguir mantendo unha aposta decidida por reforzar as condicións de seguridade mellorando, neste caso, o estado do noso parque industrial, un motor económico para o municipio”.
As actuacións municipais arrancarán cun fresado das zonas asfaltadas na actualidade para a posterior execución da nova pavimentación. Así mesmo, o Concello reporá as beirarrúas e beiravías deterioradas e procederá ao repintado da sinalización na zona de actuación.
En paralelo a este proxecto, que se atopa en licitación por vía urxente, o Concello executará, proximamente, a renovación da estrada que une a rotonda de entrada ao parque industrial e a situada na avenida da Tomada. O contrato foi xa adxudicado e, unha vez asinada a acta de comprobación de replanteo, contará cun prazo de execución dun mes.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.