
· A inauguración será este venres, 5 de setembro, e correrá a cargo da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e da propia autora da colección Un paseo con pinceis.
O Concello inaugurará este venres, 5 de setembro, ás 20.30 horas a exposición Un paseo con pinceis, unha colección que leva a firma de Margarita Lozares. A mostra verá a luz o venres, pero poderá visitarse ata o 30 de setembro na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.
A apertura correrá a cargo da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e da propia autora das obras, que fará unha aproximación ao público asistente sobre os cadros de Un paseo con pinceis. A concelleira anima á cidadanía a sumarse á actividade, coa que se mantén “unha liña de traballo decidida por ofrecer á veciñanza alternativas culturais pertencentes a todas as disciplinas artísticas”, explica Lojo.
Un paseo con pinceis é, tal e como explica a propia autora, un percorrido “íntimo por paisaxes onde o mar ten voz, onde os faros gardan segredos e os campos pintan o papel con murmuios da natureza”. Trátase do primeiro traballo el solitario da artista e, con ela, Lozares busca compartir a súa “mirada co mundo e homenaxear o proceso de descubrir a súa propia voz artística”.
Como vén sendo habitual, ademais da propia inauguración, o acto contará coa amenización musical a cargo do grupo de música tradicional Eiradela.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.