Un total de cinco funcións de monicreques integrarán a novena edición da mostra Titiritando de Emoción, que foi presentada hoxe no Centro Lustres Rivas pola concelleira de Cultura, Fabiola García Martínez.
A actividade, plenamente consolidade no calendario cultural do municipio, desenvolverase ao longo dos sábados de abril ás 19 horas no Auditorio Municipal. Como sempre, a entrada será gratuíta, podéndoa recoller dende media hora antes do inicio da actuación.
Por segundo ano consecutivo haberá unha compañía de máis aló dos límites xeográficos de Galicia: Hilando Títeres, procedente de Madrid. As outras catro son Títeres A Xanela do Maxín, Mircromina Títeres, Títeres Alakrán e Marionetas Trécola.
O calendario de funcións é a seguinte:
• 2 de abril.- Títeres A Xanela do Maxín: “Chincha rabincha”
• 9 de abril.- Títeres Alakrán: “Os soños na gaiola”
• 16 de abril.- Mircromina Títeres: “Vacaciones en el mar”
• 23 de abril.- Hilando Títeres: “Alicia en el país de las maravillas”
• 30 de abril.- Marionetas Trécola: “The Piccole Theatre”