Monday 15 de September de 2025

O Concello organiza unha ruta guiada polo Bosque de Xaz


O venres 26 de setembro, o Concello de Oleiros ofertará unha ruta guiada interpretativa de forma totalmente gratuíta polo Bosque de Xaz. A actividade comezará ás 16:30 h.

Realizarase un percorrido de 4,5 km, entre ida e volta. A dificultade da camiñada é baixa e haberá varias paradas para informar sobre o patrimonio natural e cultural.

As persoas interesadas en participar poden facer a súa reserva na seguinte ligazón: bit.ly/460JacK

Deja un comentario