Monday 15 de September de 2025

Máis preto do acondicionamento de marxes da Travesía de San Cidre e do acceso ao Monasterio de San Salvador


O pleno da Deputación deste venres levou a aprobación o proxecto modificado desta obra para a súa aprobación.

Alternativa votou a favor, impulsando así un paso adiante para a realidade de acondicionamento das dúas zonas do municipio. A obra será financiada cunha achega do Plan único de Concellos 2024 da Deputación de A Coruña de 176.999,14 € e outra por parte do Concello de 140.595,36 € .

A modificación do proxecto xurdiu da necesidade de axustarse ás directrices esixidas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e o Servizo de Asistencia Técnica a Municipios da Deputación. Dende esta aprobación plenaria, agora a obra deberá de ser adxudicada no seu día polo Concello.

Deja un comentario