Monday 15 de September de 2025

O Mago Antón representará este domingo en Freixeiro o seu espectáculo “50 (1975-2025)”


O Padroado da Cultura de Narón organizou unha nova función do espectáculo de maxia do Mago Antón “50 (1975-2025)”, no que celebra as súas vodas de ouro sobre o escenario. A convocatoria será este domingo, día 14, no parque do río Freixeiro e as prazas por cada unha das quendas son limitadas -entrada pola orde de chegada das persoas interesadas en presenciar o espectáculo, ata completar o aforo-.
As funcións programadas serán ás 11:30 e 13.00 horas e tamén en horario de tarde, ás 17.00 e ás 18.30 e 20:00 no interior do “magomóbil”, un particular vehículo a través do que o Mago Antón representa os seus espectáculos por diferentes concellos. Esta proposta diríxese a público familiar e aposta por poñer en valor o noso idioma para recordar a importancia que ten a palabra en galego.

Deja un comentario