
Ademais, entre o domingo e o luns completaranse as últimas tarefas de asfaltado en Juan Flórez, actuando entre Enrique Dequidt e Nicaragua, onde se actuou previamente na rede de saneamento
O Concello ultima xa o plan de actuacións previsto na rúa Paio Gómez, onde nos últimos meses se traballou na ampliación dos espazos peonís e na renovación do pavimento nas beirarrúas, co que se mellorou así a súa accesibilidade, ao igual que se fixo previamente noutras rúas da contorna, como Picavia ou Betanzos.
Agora, e como intervención complementaria, renovarase o firme da calzada, tanto en Paio Gómez como no túnel da praza de Lugo, unha medida moi importante atendendo á nova configuración deste percorrido, que agora conta cunha conexión directa coa praza de Pontevedra e Modesta Goicouría, e habilita así un acceso directo á avenida Pedro Barrié de la Maza, onda o paseo marítimo.
“A renovación do firme nesta parte do Ensanche xa estaba prevista, mais faise aínda máis necesaria atendendo ao fluxos de mobilidade que hai agora polo túnel da praza de Lugo. A nova conexión coa praza de Pontevedra e Modesta Goicouría permite chegar ao paseo sen facelo necesariamente polo túnel de Juana de Vega, e iso supuxo un incremento no paso de vehículos por este enclave. Por iso se actuará xa para mellorar a calzada”, indicou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.
A previsión do Concello é que o asfaltado de Paio Gómez e do túnel da praza de Lugo se execute a mediados da semana que vén, previsiblemente entre o mércores e o xoves, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables. Tras isto, acometeranse posteriormente as tarefas de pintado da sinalización horizontal.
Últimos remates en Juan Flórez
A concelleira tamén informou hoxe de que as obras de mellora que se executaron ao longo deste verán en Juan Flórez, co asfaltado de máis de 6.600 metros cadrados da calzada, rematarán nos vindeiros días coa renovación do firme no treito entre Enrique Dequidt e Nicaragua.
“Neste treito actuouse especificamente para substituír as infraestruturas de saneamento, pola súa antigüidade. Agora, unha vez que se completaron estas tarefas, podemos proceder xa á disposición da nova capa de aglomerado”, explicou Díaz.
Os traballos levaranse a cabo entre o domingo e o luns
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.