
Alternativa insiste que un centro oficial de ensino regrado, como é o conservatorio, ten que xestionarse cunha planificación e previsión para poder garantir un servizo e ensinanza de calidade
O Concello debería valorar que, traballar en base ás queixas da Asociación de nais e pais, non é eficiente.
A propia asociación de nais e pais está a esixir publicamente comunicación e transparencia ante a situación. Xa que en pleno inicio de curso reclaman que non contan con información tan relevante como que alumnado foi admitido definitivamente, horarios das clases, así como a data de comezo.
A esta situación hai que sumarlle que certos problemas estruturais do edificio detectados no pasado curso tampouco foron atendidos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.