
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, asistiu este xoves no acto de apertura do curso académico da Universidade de Santiago de Compostela (USC) 2025/2026. O acto arrincou no Salón Nobre de Fonseca coa lección maxistral a cargo do profesor de Historia Contemporánea Xosé Ramón Veiga Alonso, titulada ‘Muller e esfera pública no século XIX. Historia dunha conquista inacabada’.
O acto, que tamén contou con membros de toda a corporación entre as persoas asistentes, acolleu tamén os discursos do reitor da USC, Antonio López, e do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Tamén fixo unha intervención o presidente do Consello do Estudantado da US, Andrés Couso Viana.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.