
• No pleno extraordinario celebrado esta mañá aprobouse a segunda fase do POS+2025 adicional da Deputación, que se destinará á execución do proxecto.
• As obras permitirán, ademais, resolver os problemas de infiltracións de auga e acometer outras actuacións, como a substitución de luminarias da pista.
O Concello celebrou, esta mañá, un pleno extraordinario no que a corporación municipal aprobou, por unanimidade, a segunda fase do POS+2025 adicional da Deputación da Coruña. A contía provincial destinarase á execución do proxecto de mellora e ampliación do pavillón Ou Espiño. Trátase, tal e como explica o alcalde, Javier Gestal, “dunhas obras coas que se acondicionará ou estado actual e coas que, ademais, incrementarase a capacidade desta instalación, cun gran uso ao longo de todo ou ano”.
As intervencións do Concello contarán cun orzamento de total de execución de 395.994,39 euros cos que se mellorarán as condicións e ampliarase a edificación. Por unha banda exponse un incremento da superficie útil do pavillón cunha nova bancada. Actualmente, as bancadas teñen capacidade para 150, pero coa solución adoptada haberá espazo para outros 200 espectadores adicionais. Trátase dunha medida que se conseguirá coa construción dun volume compacto de 218 m2 que estará encostado á construción existente. Polo outro lado, o Concello resolverá os problemas de infiltracións de auga detectados nalgúns puntos.
As actuacións incluirán tamén outras melloras na dependencia deportiva e na súa contorna, como a substitución da varanda exterior, a colocación dun valo e dun portal e o cambio das luminarias da cancha polideportiva por unhas novas de tipo LED.
Festivos locais
O pleno apoiou tamén por unanimidade a proposta de festivos locais para o 2026, que serán o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 8 de setembro, coincidindo coas festas do Socorro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.