
O Goberno Municipal de Culleredo debía facer autocrítica e desbloquear por fin a fórmula para abonar o importe fixado pola Xustiza (case 1,3 millóns de euros) con algunhas das solucións propostas polos distintos interventores municipais.
Por iso Alternativa desmarcouse do apoio ao Goberno e tamén do bloqueo que impón o tándem PP-BNG, posturas que implican unha nova parálise nese expediente.
Thais Palla amosou firmeza defendendo a abstención da Alternativa, ao lembrar que ningunha das propostas de solución elaboradas polos diferentes titulares da Intervención Municipal foron postas en marcha.
E tamén insistiu na inmobilidade da situación, un exemplo máis no que a corporación debería de facer autocrítica porque este é un dos temas importantes que azoutan o municipio, así como ocorre por exemplo tamén co orzamento municipal, entre outros temas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.