Thursday 11 de September de 2025

Máis de 10.000 euros para fomentar a igualdade en Neda, grazas ao Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero


O Concello de Neda contará con 10.237 euros para investir nos próximos dez meses co obxectivo de impulsar novas accións para fomentar a igualdade e contribuír a acabar coa violencia machista. O goberno de España comunicou a asignación dos fondos no marco do actualizado Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Os criterios de reparto teñen en conta o número de habitantes do municipio, a adhesión do municipio ao Sistema de Seguimento Integral en los casos de Violencia de Xénero (Viogen), que permitiu a Neda incrementar substancialmente as partidas recibidas, e tamén o número de mulleres usuarias do servizo telefónico de atención e protección ATENPRO, garantindo así un reparto equilibrado.
A asignación contempla a compensación de remanentes procedentes do exercicio 2023, permitindo axustar as transferencias e asegurar unha execución equilibrada do orzamento dispoñible. Así, ao contar cunha pequena partida pendente de gastar, o Concello recibirá 9.341 euros do total asignado.

Os fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, Neda apostou fundamentalmente pola realización de actividades educativas nos centros escolares, buscando incidir na xente máis nova. Desenvolvéronse nas aulas obradoiros de micromachismos, charlas, contacontos, e publicacións fronte aos estereotipos de xénero…) E, en paralelo, activáronse campañas informativas, dirixidas ao conxunto da cidadanía, sobre os recursos existentes para as vítimas, e sentáronse as bases para mellorar a coordinación con fin de mellorar a atención ás vítimas.

O Concello deberá utilizar estes fondos asignado para desenvolver novas actuacións de gasto corrente, apuntalando as políticas de igualdade, antes do 30 de xuño do 2026.

Deja un comentario