Thursday 11 de September de 2025

O Concello de Muxía anuncia que os xogadores do CF Muxía serán os pregoeiros da Romaría da Virxe da Barca 2025


O Concello de Muxía informa de que os pregoeiros da Romaría da Virxe da Barca 2025 serán os xogadores do Club de Fútbol Muxía. Con este nomeamento, o municipio quere recoñecer o labor e a entrega dunha entidade que representa con orgullo o deporte e a mocidade muxiá.

O pregón celebrarase o venres 12 de setembro ás 20:30 horas no Malecón, enriba do palco da orquestra, e marcará o inicio oficial das festas.

No acto intervirá tamén o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, en representación da Xunta de Galicia, institución que financia o proxecto co obxectivo de impulsar a internacionalización da Romaría da Virxe da Barca, unha das celebracións máis singulares e emblemáticas de Galicia.

O Concello de Muxía invita a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a compartir este momento tan especial, no que se conxugan tradición, identidade e futuro.

Deja un comentario