Thursday 11 de September de 2025

Apertura do prazo de inscrición para o nivel Iniciación do COMDIX


Dende a concellería de Novas Tecnoloxías se informa que mañá xoves día 11 terá lugar a apertura do prazo de inscrición para facer os exames COMDIX nivel Iniciación, que terán lugar na Aula CeMIT de Ribeira os días Mércores 29 e Xoves 30 de Outubro, en 2 quendas, de 10 a 12 horas e de 12 a 14 horas

As inscricións serán só para o nivel Iniciación do COMDIX, xa que este ano, por primeira vez, separaron por meses os niveis: a finais de outubro faranse as probas para a obtención do COMDIX Iniciación; e a finais de novembro as do COMDIX Intermedio.
————————–
Prazo de inscrición para facer o exame COMDIX Iniciación – Do 11 ao 24 de Setembro
Días de Exame na Aula CeMIT Ribeira: 29 e 30 de Outubro.
———————
Máis información:
Datos principais da convocatoria:
● Publicación no Diario Oficial de Galicia: mércores, 10 de setembro
● Inicio do prazo de inscricións: xoves, 11 de setembro, ás 00:01 horas
● Remate do prazo de inscricións: mércores, 24 de setembro, ás 23:59 horas
● Donde inscribirse: na web do CeMIT (https:\\cemit.xunta.gal)
● Soamente unha inscrición por persoa participante
● O 25 de setembro realizarase o sorteo, publicándose na web 1-2 días despois a listaxe provisional e comunicando por correo electrónico aos participantes os resultados (admitidos provisional, listaxe de reserva, etc)
● Unha vez publicada a listaxe provisional: prazo de 10 días para renuncias e chamamento de reservas para cubrir as prazas das persoas que comuniquen a non asistencia; senón renuncian, son admitidos definitivamente sen posibilidade de renunciar despois sen ser penalizados (excepto xustificación documental)
● Como novidade nesta convocatoria, unha vez publicada a listaxe definitiva, as persoas que non obtiveron praza disporán dun prazo extraordinario de 2 días para solicitar praza naqueles lugares nos que quedaran vacantes.
● Unha vez se abra o prazo de solicitudes colgaremos na web do CeMIT (https://cemit.xunta.gal) unha “INFORMACION DESTACADA” e unha nova na que figurará a calendarización destas probas, para facilitar que as persoas interesadas se inscriban na localidade do seu interese.

Deja un comentario