
Esta liña está dotada con 28M€ para impulsar iniciativas entre empresas e centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos
A Xunta de Galicia avanza na súa rolda de obradoiros informativos sobre Nexos, un novo programa dotado con 28M€ e que supón a maior contía destinada polo Goberno galego a unhas axudas para impulsar a I+D+i colaborativa entre empresas e co apoio de centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos para a Comunidade. Hoxe a cita celebrouse na Confederaicón Empresarial da Coruña, na que participaron unha vintena de representantes de empresas.
Estes obradoiros, que xa se celebraron nas provincias de Lugo e Pontevedra, teñen por obxectivo resolver dúbidas e explicar todas as características desta convocatoria a potenciais interesados en optar a ela. Deste xeito, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP quere dar a coñecer a fondo esta nova liña de apoio, cofinanciada con fondos europeos no marco do programa Galicia Feder 21-27.
Durante o encontro na provincia coruñesa, explicouse dun xeito práctico as características de Nexos, ademais de atender as dúbidas dos asistentes e facilitándolles apoio para solicitar estas axudas. O prazo permanecerá aberto ata o 22 de setembro. Poderán beneficiarse delas as agrupacións de entre tres e seis empresas –principalmente pemes– que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. Nexos, que abrangue catro anualidades ata 2028, busca fomentar a cooperación a través de proxectos de I+D+i entre pemes e demais axentes deste eido. Deste xeito, a convocatoria prevé chegar a 50 proxectos e 200 beneficiarios e, así, mobilizar 47M€.
Ámbitos estratéxicos
Entre as novidades da convocatoria destaca a priorización dun número reducido de ámbitos temáticos e a incorporación de custos simplificados na xustificación das axudas para impulsar a competitividade do tecido produtivo galego a través da I+D+i en beneficio da sociedade. A tipoloxía de proxectos subvencionables poden ser de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación organizativa ou en materia de procesos. Priorizaranse aqueles que se inclúan nalgún dos seguintes ámbitos estratéxicos: agroalimentación, benestar e saúde, economía circular e enerxía ou fabricación avanzada.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.