Friday 22 de November de 2024

A biblioteca municipal de Brión acollerá este xoves a representación de “Riciños de ouro”, un espectáculo de música, teatro e danza de Trinke Trinke Teatro


A biblioteca municipal de Brión acollerá este xoves 31 de marzo, ás 18:00 horas, a representación do conto clásico “Riciños de Ouro”, un espectáculo de música, teatro e danza a cargo de Trinke Trinke Teatro. A actuación está dirixida a nenos e nenas de tres a oito anos de idade e a entrada é libre e de balde. Con esta representación especial, o Concello de Brión pretende conmemorar o Día Mundial do Teatro, efeméride que se celebra cada 27 de marzo dende 1961, data na que foi creada polo Instituto Internacional do Teatro (IIT).