Thursday 11 de September de 2025

A Asociación Arrancadeira achegará o baile tradicional á veciñanza cun obradoiro para todas as idades e niveis


· As sesións terán lugar o mércores, 10 de setembro, e o domingo, día 14.

Achegar o baile tradicional a veciños e veciñas de todas as idades. Ese é o obxectivo do obradoiro de baile que a Asociación Arrancadeira organiza en colaboración coas Concellerías de Mocidade e Cultura do Concello. Unha meta que se materializará con dúas sesións que se desenvolverán en setembro.

A primeira terá lugar o vindeiro mércores, 10 de setembro, ás 19.00 horas no campo de Cabío. A segunda e última levarase a cabo catro días despois, o domingo, 14 de setembro. Neste caso, celebrarase ás 11.30 horas na pista deportiva do local da Comunidade de Montes de Santo Isidoro de Postmarcos.

As actividades non están dirixidas a un perfil concreto, senón que están pensadas para todos os niveis e idades. O acceso é libre e gratuíto.

Deja un comentario