
Na mañá de hoxe o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta estivo percorrendo a rúa de Galicia para proceder á entrega dos galardóns do concurso de decoración Artemar 2025.
Foron premiados os tres establecementos máis votados xunto a un votante seleccionado nun sorteo de entre tódalas papeletas cubertas. Os tres establecementos gañadores están localizados na rúa de Galicia por onde discorreu a feira; é foron: Papalarpadas, Fruterías Fresas e o Bazar de Oujo.
En medio centenar de votantes a persoa agraciada no sorteo foi para Encarna Baleirón que non puído asistir ao acto de entrega de galardóns. Colomer se trasladou até a rúa de Galicia onde comezou coa entrega de galardóns aos gañadores do concurso; comezou pola tenda de larpeiradas, Papalarpadas onde fixo a entrega dunha figura de porcelana abstracta á responsable da tenda, María José Crujeiras que a recibiu con moita alegría e gratitude, despois o concelleiro se trasladou ao clásico Bazar de Oujo onde Suárez-Puerta entregou ao responsable do bazar, Álvaro Martínez, a figura de porcelana; Martínez manifestou que intenta participar en todo o que pode e que intenta innovar ano ano neste establecemento ribeirense que leva aberto dende 1942. A uns metros do bazar nos atopamos con Rosa Bello responsable da Fruterías Fresas que tamén recibiu o seu agasallo como gañadora do concurso de decoración Artemar 2025.
Para rematar Suárez-Puerta quixo facer unha valoración da feira de este ano non sen antes felicitar aos locais galardoados na votación popular e tamén “pola súa implicación no Artemar”. O concelleiro valorou a feira, “pareceunos un auténtico éxito este ano, tivemos unha nova marca de visitantes e os postos cada vez van aumentando con esta nova disposición que ten como obxectivo non ocultar ningún escaparate do comercio local para que xuntos fagan sinerxías por un fin común”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.