Sunday 14 de September de 2025

O Ciclo Principal de Outono volve a bater o seu récord de abonos cun total de 741


‘Camino a la Meca’ abre este 12 e 13 de setembro o ciclo, coas derradeiras entradas á venda

O Ciclo Principal de Outono do Teatro Rosalía volveu a bater nesta edición o seu récord de persoas abonadas, cun total de 741. Este dato supón unha subida de 107 abonados/as con respecto ao pasado ano, cando tamén se estableceu o máximo en 634. As primeiras funcións desta edición do ciclo celebraranse este venres 12 e sábado 13. Tratase da obra ‘Camino a la Meca’, de Athol Fugard e protagonizada por Lola Herrera. As derradeiras entradas para ambos pases continúan á venda na praza de Ourense, Ataquilla e, o día da función, na billeteira do teatro. “Este novo éxito do Ciclo Principal amosa o bo traballo levado a cabo desde o Goberno de Inés Rey por elevar as artes escénicas dentro da nosa programación cultural, ofrecendo producións de primeiro nivel nacional”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Nesta nova edición do Ciclo Principal de Outono destaca a presenza de grandes figuras da actuación a nivel nacional como a propia Lola Herrera. Tras ‘Camino a la Meca’, ‘Go Home’ regresará aos escenarios da cidade coa figura destacada de Josito Porto, nun papel que lle valeu o recoñecemento a nivel nacional. As representacións serán o 26 e 27 de setembro.

Tamén destaca dentro da programación ‘Matres’, que se representará o venres 10 de outubro.
Esta obra producida pola compañía Cia Campi Qui Pugui acadou distintos premios este ano, como o Premio á Mellor Autoría nos Premios Feten 2025. Un espectáculo que destacará polo seu formato será ‘El Enterrador’, no que Pepe Zapata invitará o público a subir ao escenario e ver desde outra perspectiva a actuación. A programación do Ciclo Principal de Outono tamén inclúe a adaptación de Ignacio del Moral e Javier Hernández-Simón da premiada película ‘Los lunes al sol’, de Fernando León de Aranoa, que se representará os días 12 e 13 de decembro. O ciclo pecharase o 27 de decembro cunha proposta en clave coruñesa: ‘Crisálida’, de Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Esta obra explorará a memoria colectiva da cidade.

Todas as funcións do ciclo serán ás 20.30, salvo ‘El Enterrador’, que terá unha dobre sesión ás 18.30 e 20.30 horas.
Programación do Ciclo Principal de Outono 2025
● 12 e 13 de setembro, Camino a la Meca de Athol Fugard dirección de Claudio Tolcachir. Produción Pentación Espectáculos.
● 26 e 27 de setembro, Go Home de José Luís Prieto Roca, dirección de Tito Asorey. Produción Etiqueta Negra.
● 03 e 04 de outubro, Iconos o la exploración del destino de Rafael Álvarez “El Brujo”. Produción Gestión y Producción Batky SL
● 10 de outubro, Matres, creación colectiva de Jordi Pedrós, Cristina García, Aitana Giralt, Erik Varea e Marc Espinosa. Produción de Cia Campi Qui Pugui.

● 18 de outubro, El Enterrador, con guión e dirección de Gerard Vázquez. Produción de Teatros de Dos en coprodución con Mediterránea. Nota: espectáculo non accesible para mobilidade reducida. Espectáculo con aforo limitado.
● 07 e 08 de novembro, María Callas, Sfogato de Pedro Víllora e dirección de Alberto Frías. Produción de ATG Entertainment.
● 14 e 15 de novembro, Dysphoria con texto e dirección María Goiricelaya. Produción de Histrión Teatro. Programación especial no mes da loita contra a violencia machista.
● 28 e 29 de novembro Yo sólo quiero irme a Francia con texto e dirección de Elisabeth Larena. Contraproduccións en coprodución con Tentazioa Producciones e Yapadú Producciones.
● 12 e 13 de decembro, Los Lunes al sol de Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral. Adaptación de Ignacio del Moral e Javier Hernández- Simón, con dirección de Javier Hernández- Simón. Produción de GG Producción Escénica e Teatro del Nómada coa participación de: AJ Claqué, Mardo, Saga Producciones, Juan Carlos Castro e María Díaz Comunicación.
● 18 e 19 de decembro, Hoy no estrenamos de L´Om Imprebis. Codirección Michel López e Santiago Sánchez. Produción L´Om Imprebis.
● 27 de decembro, Crisálida de Juan Rodríguez e Laura Sarasola, con dirección de Olga Margallo. Produción Caramuxo Teatro. Programación especial de peche de temporada.

Deja un comentario