
Non tódolos días se fai a estrea dunha nova compañía de teatro por iso hoxe é un día especial para o teatro en Ribeira que ademais xa está sendo das cidades de Galicia con máis afección a esta arte escénica.
Para a dobre presentación presentación estiveron presentes, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, as produtoras da nova compañía Enraizadas Teatro, Kica Fernández e Loida Fernández máis a representante de Ágape, Sabela Cuñarro.
A concelleira mostrouse moi orgullosa de facer esta dobre estrea con Kica e Loida “dúas ribeirenses que sempre estiveron involucradas coa cultura e en especial co teatro; e que mellor que facer a estrea na súa casa, no novo auditorio”. “Terra trágame” é o nome da obra que se vai a estrear o vindeiro venres 19 de setembro ás 21.15 horas no auditorio municipal cunha entrada de 5,00 euros a favor da asociación Ágape (asociación galega de acompañamento persoal e educativo) “Terra Trágame” do autor Vicente Cañón é unha nova obra composta por 7 sketchs mais presentación e despedida, en clave de humor represéntanse situacións incomodas, comprometidas ou meteduras de pata, que nos poden pasar a calquera, ou que a moitos xa nos pasaron.
Kica Fernández agradeceu ao Concello polo “apoio e a axuda”, tamén manifestou que esta nova estrea significa “unha entrega a ese público
que leva tantísimos anos vindo ás nosas representacións e apoiándonos; e que mellor que facelo por unha boa causa con Ágape”.
Pola súa banda, Loida Fernández explicou o nome da nova compañía, “Enraizadas Teatro”, “este nome é porque as nosas raíces saíron de aquí; da Escola Municipal de Teatro de Ribeira onde nos formamos Kica máis eu fai xa 30 anos”. Loida falou da intensa colaboración xunto a Kica durante estes anos en diferentes proxectos e que o da creación da compañía “viña dende hai a anos de querer facela e así agora estamos emocionadas e encantadas”. Loida rematou nomeando ás colaboradoras: Ángeles Pérez, Loly Sobrido e Sheyla Caamaño, “todas comezaron no Grupo Municipal deTeatro de Ribeira”.
Para rematar a representante de Ágape, Sabela Cuñarro doulle o seu agradecemento a Loida a Kica porque coa recadación dos donativos da entrada “poderemos seguir traballando con máis solvencia na neurodiverxencia cos nenos e nenas dende o voluntariado”. Sabela rematou animando á veciñanza a asistir a esta nova obra.
Os puntos de venda para mercar as entradas serán: a sede de Ágape, Don Tacón, Peluquería Ángeles, A Fiandeira, Asociación Amas de Casa ou no auditorio unha hora antes do comezo da obra.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.