
A última xornada da Liga Nacional SUB15 de patinaxe de velocidade terá lugar en Bastiagueiro entre o sábado 13 e o domingo 14 de setembro. O sábado a competición será en horario de tarde (14:00 a 20:00) e domingo desde as 9:00 horas.
As probas a disputar, onde se coñecerán os gañadores da Liga son 300M + D Sprint, 3000M Puntos, 1000M Sprint e 3000 Relevos.
No evento previsto participarán equipos de toda España: Navarra, Asturias, Madrid, Comunidade Valenciana, Aragón, Cataluña, Castela e León, Andalucía, Castela A Mancha e Galicia. Un total de aproximadamente 230 patinadores mediranse nesta derradeira xornada da Liga Nacional SUB15.
Por parte do club local, o SCD Rabadeira, haberá representación en primeira división tanto en categoría masculina como feminina.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.