Tuesday 09 de September de 2025

O Concello de Lousame abre a inscrición nas escolas deportivas municipais 2025-2026


O Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais para o curso 2025-2026, nas que oferta un total de oito modalidades deportivas: voleibol e tenis de mesa (luns), baloncesto e tenis (martes), fútbol sala e psicomotricidade (mércores), predeporte (xoves) e bádminton (venres).

As clases impartiranse en horario de 14:35 a 15:35 horas nas instalacións do CPI Cernadas de Castro e no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. As preinscricións poden facerse dende hoxe en www.bandoticket.com. Máis información na oficina municipal de Deportes (Casa da Cultura) ou ben chamando ao 981 82 57 80.

Deja un comentario