
Coincidindo co arranque do curso escolar en Neda (hoxe é festivo local), a biblioteca municipal deixará atrás o seu horario de verán. A partir deste martes, as instalacións culturais estarán operativas máis tempo e recuperan, como é costume, a xornada de mañá e de tarde.
O espazo, peza central da oferta da Casa da Cultura, abrirá a partir de agora, de luns a venres, de 9 a 13 e de 17 a 20 horas (o pasado curso pechaba os venres á tardiña). Neste tempo estarán dispoñibles para a lectura e estudo tanto a sección infantil como a de adultos e, por suposto, estarán operativos os servizos de préstamo en sala e a domicilio.
Nos próximos días está previsto que a biblioteca municipal- a cuarta en Galicia por volume de préstamos bibliotecarios por cada 1.000 habitantes, segundo un estudo da Rede de bibliotecas públicas- recuperará ademais a súa programación habitual de actividades de dinamización, entre as que cómpre destacar, as reunións do seu frutífero club de lectura.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.