Tuesday 09 de September de 2025

O polideportivo de Lousame encheuse de tangos na XVII Homenaxe a Prudencio Romo


Gran participación veciñal na XVII Homenaxe a Prudencio Romo, organizada pola Asociación Cultural Prudencio Romo e o Concello de Lousame, que tivo lugar na tarde de onte domingo no polideportivo municipal da Silva. Durante algo máis dunha hora, a música dos máis clásicos tangos arxentinos resoaron no polideportivo lousamiá da man dos intérpretes do Grupo Enclave, que estiveron acompañados polo alumnado da Banda de Música de Lousame e por unha parella bailaríns da escola Santango.

Tanto a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, como a presidenta da Asociación Cultural Prudencio Romo, Isabel Gómez Morales; agradeceron a asistencia dos veciños e veciñas presentes, aos que animaron a participar nas distintas actividades que organiza a asociación ao longo do ano. O repertorio estivo centrado en tangos, se ben o broche final foi un dos clásicos de Prudencio Romo, Miña Terra Galega, que arrincou a maior ovación da tarde.

Deja un comentario