Saturday 16 de November de 2024

Diego Calvo clausura o obradoiro de emprego de As Pontes e anima aos mozos a continuar a súa formación


A Xunta investiu 111.078,24 euros na posta en marcha dun taller no que se formaron 12 alumnos menores de 30 anos na especialidade de confección de páxinas web

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, asistiu esta mañá ao acto de clausura do obradoiro “Pontes de Emprego”, que se desenrolou nos últimos seis meses en As Pontes.
As sesións formativas centráronse na especialidade de confección e publicación de páxinas web e contaron coa participación de 12 alumnos menores de 30 anos asistidos por un director do obradoiro, dous docentes e un administrativo.
Durante o acto de clausura e entrega de diplomas, Diego Calvo insistiu na importancia deste tipo de obradoiros que concede a Xunta aos concellos de Galicia, xa que “hoxe en día, a formación é moi importante para facerse un oco nun mercado laboral moi competitivo para os mozos”. Así, lembrou que os 111.078,24 euros achegados pola administración autonómica para a posta en marcha deste seminario “non son, en ningún caso, un gasto, xa que estamos a falar dun investimento fundamental do que estamos moi orgullosos e que serve para axudar aos que teñen máis dificultades para atopar un traballo, neste caso son os mozos”.