Tuesday 09 de September de 2025

O Concello de Carballo convida ao movemento asociativo do ámbito cultural a participar no proceso de definición de usos do futuro espazo cultural


Carballo opta ás axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) destinadas a entidades locais para o período 2021-2027 con cinco proxectos, entre eles a construción dun novo espazo cultural que permita dar resposta ás crecentes necesidades derivadas do posicionamento do noso concello como referente e motor cultural.
Nese proceso queremos seguir contando coa implicación dos axentes implicados, e con esa finalidade convocamos ás entidades, empresas e profesionais do ámbito da cultura a participar no proceso colectivo de definición dos usos dese futuro equipamento.
O xoves 11 de setembro, ás 19.00 horas, celebrarase no auditorio do Fórum Carballo unha xuntanza na que se realizará unha explicación técnica do proceso de participación e realizarase una reflexión colectiva sobre as principais necesidades culturais do noso concello.
Gustaríache participar?
Se pertences a unha entidade ou empresa do ámbito cultural ou se a túa actividade profesional está relacionada coa cultura, inscríbete en carballo.gal/participacion-vecinal

Deja un comentario