
Ademais de todas as propostas do programa Remocea, que se desenvolverán entre outubro e xuño e que daremos a coñecer nos vindeiros días, en setembro arrincarán varias actividades dirixidas a maiores de 60 anos, algunhas xa coñecidas, como os bailes dos domingos, que comezarán o día 14 coa actuación de Martín Carrión, e outras novas, como un programa de rutas guiadas ou un taller de promoción das TIC organizado por Amigos de Galicia coa colaboración da Concellaría de Terceira Idade.
O taller de promoción das TIC desenvolverase os días 15, 22 e 29 de setembro e 6 de outubro, de 10.00 a 12.30 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. As persoas participantes formaranse no manexo dos teléfonos móbiles, correo electrónico, aplicacións como Sergas Móbil ou Whatsapp, a Chave 365, uso de máquinas de quendas ou caixeiros automáticos… e dúbidas que poidan ter os/as usuarios/as.
As persoas participantes deben ter 60 anos ou máis, ou ben ser pensionistas ou xubiladas. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude. Os impresos de inscrición estarán dispoñibles a partir do luns 25 na entrada da casa do concello, ata completar as prazas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.