Friday 22 de August de 2025

Neda promove este venres o último “Tempo de encontros” do verán


O Concello de Neda organiza este venres, 22 de agosto, a última entrega de “Tempo de encontros”, a iniciativa estival activada no mes de xullo para propiciar a relación entre a veciñanza, coa escusa botar unha partida aos xogos de mesa máis populares. Un pequeno grao de area para acabar con situacións de soidade non desexadas que hai na localidade.

A sesión desenvolverase entre as 19 e as 21 horas na contorna da Casa das palmeiras ou, se o tempo non acompaña, no seu interior. O parchís e os distintos xogos de cartas compartirán protagonismo nesta cita que, como sempre, estará aberta a calquera persoa que decida achegarse a pasar un rato entretido. A idade non conta.

Destacan dende o dende o departamento de Sanidade, impulsor de “Tempo de encontros”, a utilidade destes xogos á hora de adquirir habilidades estratéxicas, desenvolver a agudeza mental e, no caso das cartas, tamén a concentración e a memoria. Con todo, tal e como apuntan, o fundamental é que resultan bos aliado á hora de fomentar a interacción social, dando pé a novas amizades.

Deja un comentario