Friday 22 de August de 2025

Alternativa esixe a Fomento unha solución de verdade para as vías de servizo da nova glorieta do cruce de Ferrol


Alternativa dos Veciños pon de manifesto un problema evidente para calquera que circule pola zona, para os residentes do lugar ou para calquera que se tome a molestia de observar durante uns minutos como discorre o tráfico neses puntos concretos.

 

Xa durante o acto de inauguración das obras, a comezos de xullo, se avisara aos responsables de Fomento e á delegación do goberno en Galicia ,alí presente, do perigo que supoñen as vías de servizo da nova intersección no cruce de Ferrol. Ata o de agora a solución adoptada non só resulta insuficiente, senón tamén inútil por si sóa.

Como xa taemos idicado en varias ocasións, ás vías de servizo adxacentes coa nova glorieta do cruce de Ferrol constitúen un perigo. Especialmente a que discorre en baixada, en dirección Betanzos. Multitude de condutores, non sendo residentes na zona, emprégana como vía de atallo para evitar ter que pasar pola rotonda. E non só iso, fano a altas velocidades (nunha vía limitada a 30 qm/hora), mesmo chegando a efectuar adiantamentos pola dereita onde esta vía conflúe co tráfico procedente da rotonda, poñéndose en perigo eles e poñendo en perigo a outros.
Hai uns días o ministerio pintou na vía “dentes de dragón” (así se chama o sistema de triángulos elixido). Dende Alternativa dos Veciños convidamos ao responsable de Fomento que decidiu esta medida, ao servizo de vixiancia da estrada ou a quen se considere oportuno, a visitar a zona e observar a evolución do tráfico durante 5 minutos (non é necesario máis tempo). O sistema de “dentes de dragón” carece de efectividade a amósase por si só como totalmente inútil, se o que se quere é calmar o tráfico nunha vía de servizo que é para o que é, o mesmo nome o indica; “de servizo”. Non é un carril de aceleración nin unha pista de carreiras.
Xa que logo, esiximos a Fomento que se tome o problema en serio e adopte solucións de verdade para corrixilo.

Deja un comentario