
Este sábado, 23 de agosto, comeza un novo ciclo musical en Ortigueira: ‘Os solpores da Ribeira’, no porto de Espasante.
Os concertos terán lugar na praza da Pola da Ribeira e a música será o elemento centra do programa, máis non o único. No caso de condicións climatolóxicas adversas os concertos trasladaranse ao Teatro da Beneficiencia.
O sábado, 23 de agosto, a partir das 21:00 h, terá lugar a actuación de Eris Mackenzie. Tamén celebrarase un campionato de paddle surf, para o que será preciso inscribirse no 644 698 387.
O venres, 29 de agosto, será a quenda para o concerto de The Lákazans, a partir das 21:00 h. Un día despois, o 30 de agosto, Gamelas e aduriñas porán a música a partir das 21:00 horas. E pola tarde terá lugar o mercado de artesanía e obradoiro de baile tradicional.
Para pechar este ciclo, o domingo 7 de setembro será o concerto de De Ninghures, a partir das 20:00 h. Tamén haberá obradoiros de iniciación á batucada e ao muralismo.
Para todos os obradoiros será preciso inscrición previa no teléfono 981 400 000.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.