Friday 22 de November de 2024

Trinke Trinke na Biblioteca Municipal de Fene


A biblioteca municipal “Xosé María Pérez Parallé” conmemora este martes 29 de marzo o Día do Teatro con Trinketrinke Teatro e o seu contacontos teatral “Riciños de ouro e os tres osos”. A actividade, dirixida a nenos/as de 3 a 8 anos, comezará ás 18.00 horas. Entrada libre, ata completar o aforo.

Con esta representación, a biblioteca municipal de Fene abre o ciclo de actividades previstas para a primavera. Todas as actividades, organizadas pola Concellería de Cultura e Ensino, encádranse no programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.
Tamén esta semana, o venres 1 de abril (18.00 horas) presentarase na biblioteca de Fene o espectáculo “Brinca vai! de aquí a acolá” de Paco Nogueiras para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o 2 de abril. Actividade dirixida a todos os públicos e con entrada libre, ata completar o aforo.