Thursday 21 de August de 2025

O Concello de Lousame impermeabilizará a fachada do Local Social de Cruído para rematar coas humidades


O Concello de Lousame está a investir unha partida de 18.453,47 euros na mellora da eficiencia enerxética do local social de Cruído. Unha achega que permitirá impermeabilizar a fachada do inmoble, moi afectado polas humidades nos últimos anos.

De feito, o Concello lousamiá xa intentara anteriormente mellorar as condicións interiores e exteriores do inmoble, incluso chegando a reparar as fendas existentes da fachada para despois aplicarlles un recebado con morteiro hidrófugo. Un tratamento que co tempo se ten manifestado insuficiente para combater as humidades dun local que, pola súa situación, está especialmente exposto ás inclemencias meteorolóxicas.

Deja un comentario